A conselleira de Vivenda e Infraestruturas reúnese co alcalde de Trasmiras

LA VOZ OURENSE

TRASMIRAS

cedida

María Martínez Allegue abordou posibles actuacións en materia de urbanismo con Emilio José Pazos

10 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este venres un encontro de traballo co alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, para analizar posibles actuacións en materia de urbanismo neste municipio da provincia de Ourense. A reunión, celebrada na sede administrativa de San Caetano, serviu para avanzar en liñas de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello, co obxectivo de impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e reforzar a competitividade económica da zona.

Martínez Allegue subliñou o compromiso do Goberno galego cos concellos, destacando a importancia de apoiar iniciativas que favorezan a fixación de poboación no rural, mediante a mellora das infraestruturas e o desenvolvemento de servizos que xeren oportunidades e benestar no territorio.