O PP ourensán urxe as «ansiadas» obras para o saneamento integral do río Barbaña

La Voz OURENSE

SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Río Barbaña.
Río Barbaña. SANTI M. AMIL

Os populares reclaman a licitación do proxecto para o segundo semestre deste ano

19 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O PP trasladará ao Goberno central a necesidade de licitar «sen demora» no segundo semestre deste ano 2025 as «ansiadas» obras de finalización do saneamento do río Barbaña e de mellora da estación depuradora de San Cibrao das Viñas, «Agardamos que a aprobación económica da licitación non se vexa afectada por causa de que o Goberno socialista non presentase os Presupostos Xerais do Estado de 2024 e 2025 e pola perda do cofinanciamento comunitario», sinala o deputado Celso Delgado 

Nun comunicado, o PP subliña que «resulta moi urxente que ampliar a EDAR existente para que o seu funcionamento sexa máis fiable e flexible, tratar con maior capacidade as augas residuais dunha poboación que aumentou notablemente e as das actividades industriais do maior polígono empresarial da provincia».