Ángeles Vázquez anima aos ourensáns para aproveitar as axudas da Xunta para combater o feísmo no rural

La Voz OURENSE

RAMIRÁS

La conselleira Ángeles Vázquez visitó la zona recuperada en Ramirás acompañada del delegado de la Xunta en Ourense, Gabriel Alén.
A conselleira Ángeles Vázquez visitou a zona recuperada en Ramirás acompañada do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén. cedida

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, visitou Ramirás para ver a rehabilitación de dous hórreos cunha axuda de 13.600 euros

13 sep 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Apuntarse ao «fermosismo». Esa foi a invitación que a conselleira de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez hizó a todos os ourensáns do rural e tamén aos alcaldes de concellos de menos de 20.000 habitantes que queiran mellorar a imaxe dos seus núcleos de poboación. Cominoulles a non desaproveitar unha liña de axudas específica que a Xunta ten precisamente habilitada con este obxectivo. Eles son os destinatarios dun unha nova convocatoria de subvencións que foi creada no ano 2021 pola Administración autonómica para loitar contra o feísmo que, en moitas ocasións, desloce a beleza do rural galego. Ángeles Vázquez fixo esa invitación lembrando que, ata o momento, xa se sufragaron actuacións por valor de 7,6 millóns de euros en toda Galicia. A maior parte do diñeiro (5 millóns) foron para iniciativas particulares dos veciños, mentres que os concellos se repartiron os 2,6 millóns restantes  Neste último capítulo inclúense os 13.600 euros que se destinaron a Ramirás para arranxar dous hórreos no núcleo de Tellado. A conselleira desprazouse ao lugar para comprobar o resultado final da execución dos traballos que incluíron a limpeza dos pés de pedra, a aplicación de morteiros tradicionais a base de cal e area, a reconstrución da armazón de madeira e a recuperación da tella orixinal que estaba en condicións de ser reutilizada e colocando novas pezas onde ese aproveitamento non foi posible.