Os socialistas e os populares de Ramirás loitan polo quinto edil que lles permita gobernar

La Voz OURENSE / LA VOZ

RAMIRÁS

Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás y candidata el PSOE
Isabel Gil, alcaldesa de Ramirás e candidata o PSOE Cedida

A alcaldesa, Isabel Gil, proxecta construír un centro de día

20 may 2023 . Actualizado á 05:00 h.

No concello de Ramirás (1.500 veciños) goberna o PSOE. No 2019 os socialista conseguiron catro concelleiros, os mesmos que o PP, pero contaron co apoio do único edil nacionalista. As tres formacións volven enfrontarse ao escrutinio dos veciños.

A alcaldesa, Isabel Gil, espera aumentar o número de edís e preséntase ás eleccións co reto de conseguir a maioría absoluta para poñer en marcha grandes obras. A adxudicación de tres vivendas sociais, dúas de aluguer e unha con dereito a compra, a construción dun centro de día e a promoción do turismo con accións de coidado do medio ambiente son compromisos irrenunciables. Ademais, destaca: «Temos que seguir realizando investimentos na procura de mananciais, como xa fixemos en Terrado, Barazal e Xesteira, conseguindo subvencións e investindo 120.000 euros con moi bos resultados e quedando libre de arsénico a auga empregada pola maioría dos usuarios do servizo municipal. O gran obxectivo é resolver de forma definitiva e na súa totalidade os problemas de arsénico na auga na época estival».

O Partido Popular presenta como candidato, co reto de conseguir a maioría absoluta, a Juan Carlos Rodríguez Matías. O cabeza de lista do BNG é Marcos Meléndez Alonso.