A Deputación de Ourense mellora o firme nos accesos a dúas vilas de Rairiz de Veiga

La Voz OURENSE

RAIRIZ DE VEIGA

Luis Menor, en Rairiz de Veiga.
Luis Menor, en Rairiz de Veiga. CEDIDA

Estas accións «demostran, unha vez máis, que a cooperación cos concellos é unha das grandes prioridades para este goberno», di Luis Menor

11 jun 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, visitou este luns Rairiz de Veiga para comprobar o resultado dos investimentos realizados pola institución provincial nese municipio. En concreto, destináronse 48.000 euros para a mellora do firme nos accesos ás vilas de Barracel e Quilmelas. Alí foi recibido pola alcaldesa de Rairiz, Asunción Morgade, elixida polo PSOE nas últimas eleccións, aínda que antes formaba parte do PP. Nun comunicado, o presidente subliña que este tipo de actuacións «demostran, unha vez máis, que a cooperación cos concellos é unha das grandes prioridades para este goberno».

Ademais, Menor presidiu este luns a Xunta de Gobierno da Deputación, que deu luz verde a máis de 600.000 euros en axudas a concellos e outras entidades. Aprobouse, entre outras cousas, a reapertura do concurso para financiar actividades escénicas e musicais tras ser ampliado o presuposto, que se esgotou.