Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

A Furgoteca terá unha nova ruta a partir de xaneiro con base en Porqueira

LA VOZ OURENSE

PORQUEIRA

cedida

A biblioteca móbil chegará aos concellos de Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea

19 dic 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A Xunta de Galicia porá en marcha en xaneiro a terceira ruta da Furgoteca, con base en Porqueira, un servizo de bibliotecas móbiles que levará recursos culturais a dez municipios da zona occidental da provincia de Ourense. A nova liña chegará aos municipios de Lobeira, Muíños, Padrenda, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Ramirás, Sandiás, Sarreaus e Verea, que suman un total de 11.233 habitantes.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, anunciou a iniciativa nunha reunión celebrada este mércores coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, municipio onde se situará a base do novo vehículo. Lorenzo destacou que a ampliación do servizo responde á «boa acollida por parte das persoas usuarias ás que lle achegamos as función propias das bibliotecas en lugares onde non contan con estes equipamentos». Así mesmo, lembrou que no seu primeiro ano de funcionamento, as dúas primeiras rutas da Furgoteca atenderon a 14.300 persoas en 20 municipios de menos de 2.000 habitantes, ademais de organizar máis de 300 actividades de dinamización cultural.

A programación cultural complementarase con diversas propostas, como contacontos, talleres creativos e xogos infantís, que comezarán este mes de decembro nas localidades incluídas na nova ruta.