Parada de Sil ofrece actividades para toda a familia en Nadal

La Voz O Barco

PARADA DE SIL

Alumbrado navideño en Parada de Sil.
Iluminación do Nadal en Parada de Sil. CEDIDA

Xa pode visitarse o belén instalado na capela de San Ramón

07 dic 2023 . Actualizado ás 20:06 h.

Desde o 26 de decembro ao 4 de xaneiro haberá talleres para nenos de entre 0 e 16 anos no centro de lecer de Parada de Sil, desde as dez da mañá ata as dúas da tarde. Ademais, xa pode visitarse o belén de José, instalado na capela de San Ramón. Para visitalo hai que pedir a chave no supermercado Pepe, situado en fronte. O día 24 ás 17.30 horas está prevista a chegada da carroza de Papá Noel. O día 30 ás 2.00 horas, a coral Aqua Música percorrerá os bares cantando panxoliñas. O 5 chegarán os Reis Magos.