Un peto de ánimas do século XVIII de Padrenda, en risco por un poste de electricidade

La Voz OURENSE / LA VOZ

PADRENDA

Peto de ánimas de Vilar, en Padrenda
Peto de ánimas de Vilar, en Padrenda Cedida

O formigón ha ir cedendo cos anos e o monumento presenta varias gretas

04 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O peto de ánimas da localidade de Vilar, no concello de Padrenda , sofre unha grave deterioración debida á proximidade dun poste de electricidade . Aínda que este monumento foi reformado en numerosas ocasións —data de principios do século XVIII— está protexido ao ser Ben de Interese Cultural e xa presenta varias gretas, tanto na parte central como nas súas dúas columnas.

O poste foi colocado ao lado do peto de ánimas fai ao redor de corenta anos, cando non existían leis tan esixentes como na actualidade con respecto aos monumentos históricos. Co paso dos anos, ha ir cedendo varios centímetros, afectando á súa base de formigón que se atopa baixo terra e, á vez e pola súa proximidade, ao peto de ánimas, que empeza colapsar pola presión que sofre a súa estrutura. Resultan visibles non só as gretas senón tamén que as súas dúas columnas empezaron a moverse. Alén do poste hai un cilindro de pedra, tipo miliario, que tamén corre risco de colapsar. Esta deterioración acelerouse aínda máis en agosto do pasado ano cando un raio caeu sobre o poste eléctrico, desprazando algúns centímetros o formigón.