A compaña Onbeat achega o musical ao auditorio este domingo
28 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.Día 2 • 17.00 horas • En Ataquilla, desde 15,60 euros • Auditorio municipal • Chega a Ourense o espectáculo musical «Xoves e familia», da compaña Onbeat. A obra presenta a Nieves, unha moza de Madrid fanática da Familia Addams, que decide chamarse Xoves e crerse prima de Mércores. O seu afán por parecerse a eles lévaa a adoptar comportamentos excéntricos e a crear situacións «terroríficamente divertidas». A compaña Onbeat homenaxea a unha das sagas máis famosas do teatro e da televisión cunha visión totalmente nova, a través dunha posta en escena divertida para toda a familia e unha banda sonora orixinal e personaxes propios innovadores que converterán este musical nun tributo para todas as idades. A dirección é de Antonio Martín e a coreógrafa é Fátima Padial.