Consellos para que os enfermos renais coiden a súa alimentación

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

cedida

A asociación Alcer organizou un taller divulgativo para afectados e as súas familias

23 may 2019 . Actualizado ás 20:34 h.

A nutricionista Marisol López, dirixiu este mércores un taller formativo orientado ás persoas con enfermidade renal e ás súas familias, para axudarlles a coñecer as claves para manter unha dieta adecuada en cada fase desta patoloxía. A iniciativa estivo organizada pola asociación Alcer e o seu obxectivo era concienciar das distintas necesidades nutricionais que teñen quen padecen esta enfermidade durante as distintas etapas de evolución da mesma, desde as iniciais ata os que xa foron trasplantados, pasando por quen están nun proceso de diálese. A enfermidade renal crónica é unha patoloxía cuxa incidencia se incrementou un 30 % en só dez anos e, tal e como lembran desde esta entidade, de seguir así acabará converténdose na segunda causa de morte no país. Aprender a convivir con ela e cos cambios que supón na vida dos afectados é esencial para mellorar a súa situación. Un deses cambios teñen que ver coa alimentación xa que, como lembrou a directora do taller, os pacientes en fase de diálese, por exemplo, deben observar unha maior precaución coa inxesta dalgúns elementos, como os hidratos de carbono, graxas, proteínas, sodio, fósforo, potasio e líquidos.