A cinta coreana «Burning» pecha «Converxencias»

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

FESTIVAL DE SITGES

O cine club Pai Feijoo proxecta a cinta de Le Chang-dong premiada en Cannes en 2018

10 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 18.00 e 21.00 horas • Biblioteca de Ourense • 4 e 5 euros • O Cineclub Pai Feijoo pecha o ciclo «Converxencias» e faino co pase da película coreana «Burning», de Lle Chang-dong. A cinta foi premiada en Cannes 2018. A película é adaptación dunha obra de Murakami. Debido á duración da película, 143 minutos, só haberá dous pases.