Os venezolanos de Ourense convocan outra concentración na capital para apoiar os plans de Juan Guaidó

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Concentración en Ourense capital
Miguel Villar

Esixen á Unión Europea que subscriba o calendario do líder da Asemblea e erixido como presidente alternativo a Maduro

31 ene 2019 . Actualizado ás 20:35 h.

A asociación ourensá-venezolana Alma Llanera organiza para este sábado día 2 unha nova concentración na praza Maior de Ourense en apoio de Juan Guaidó. Segundo explica un comunicado remitido polo presidente da asociación, Lorenzo González Rodríguez, esta nova concentración responde á chamada realizada polo presidente da Asemblea de Venezuela, e xa recoñecido como xefe do estado venezolano por varios países, para «esixir á Unión Europea que apoie o plan de eleccións» que Guaidó ten organizado «para saír da tiranía do réxime madurista e chavista que arruinou o país». 

A concentración en Ourense será ás oito da tarde do sábado e pídese o apoio dos venezolanos residentes en Ourense, emigrantes retornados e de todos os que queren ao país caribeño «coma se fose o seu».