O servizo refórzase cunha máquina de auga a presión en beirarrúas e zonas peonís
06 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.O Concello do Carballiño anunciou a posta en marcha dun plan de actuación para a limpeza das rúas da localidade. Desde hai uns días comezaron os traballos de baldeo cunha máquina de auga a presión en beirarrúas e zonas peonís. Estas tarefas seguirán desenvolvéndose durante as próximas semanas co obxectivo de chegar a todo o centro urbano.
«Desde a Concellería de Benestar Comunitario prégase á veciñanza respectar a normativa de mascotas (que obriga a recoller os excrementos e botar auga por riba dos ouriños) e evitar tirar lixo e residuos nas rúas», di un comunicado difundido polo goberno municipal.