
Ana Rodríguez está a cargo de Amoras e este venres presentou dun xeito orixinal o novo vehículo
31 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.Ana Rodríguez leva tempo demostrando na comarca do Carballiño que o seu son as froitas. Colleu a testemuña da tenda Evaristo e, tras meses de adaptación, ten a súa propia imaxe. Rexenta Amoras. Ademais dunha froitería ao uso, agora prepara centros para eventos, cestas para regalar e tortas para calquera aniversario.
O último salto de Ana a cargo do seu negocio foi unha food truck. O vehículo tívoo que encargar en Tarragona, para personalizalo, e este venres foi presentado na súa terra: O Carballiño. Pero non foi unha demostración ao uso. Ana Domínguez e as súas catro empregadas organizaron unha gran festa na praza Maior da vila do Arenteiro, na que non faltaron música, xogos populares e ata colchóns. É máis, repartiron vasos de froita entre os presentes de forma gratuíta. «Non lle puxemos prezo, aínda que calquera pode entregar o que considere oportuno pola froita, xa que nesta ocasión ese diñeiro vai destinado a unha causa benéfica», explica Ana. Aínda que se tratou de dar a coñecer a food truck entre os veciños, o acto contou coa axuda e colaboración de moitas persoas.
Durante un tempo, Ana acudiu ao colexio Terras de Maside para ensinar as froitas aos compañeiros do seu fillo. Máis tarde, empezou a colaborar en eventos na vila onde colocaba un posto. Fíxoo, por exemplo, na pasada edición da Festa do Polbo. E foi un éxito. «Primeiro cambiamos o nome, porque queriamos algo máis moderno. Era cuestión de tempo. Eliximos Amoras, porque así é como chamo moitas veces ás miñas empregadas cando chego á froitería: Bos días amoras!», xa que é unha froita. Un día vin unha food truck nunha voda e pensei que nós poderiamos facelo. Empecei a mirar que posibilidades había e pedímola. É moi básica, ten unha neveira, un conxelador e unha mesa moi grande onde cortamos a froita», explica. Leste o principio dunha nova actividade; eventos, como vodas.
Ademais de vasos con froitas, tamén ofreceron un batido moi especial. O primeiro que fan dentro do seu novo proxecto. «Comprei moitísima froita, sandía, melón, piña, amorodo, uva e kiwi para o evento e había ningunha que estaba un pouco pasada, ideal para facer un batido. Así nos puxemos a probar e traemos un especial», relata. Amoras empeza un novo percorrido sobre catro rodas.