As familias monoparentais de Galicia celebran un encontro no Carballiño

La Voz

O CARBALLIÑO

Encontro de familias monoparentais na Residencia de Tempo Libre do Carballiño
Encontro de familias monoparentais na Residencia de Tempo Libre do Carballiño Cedida

O director xeral de Familia, Jacobo Rey, salientou o apoio da Xunta ao colectivo

06 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Na Residencia de Tempo Libre do Carballiño estase a celebrar durante esta fin de semana un encontro das familias monoparentais de Galicia. O programa desta xuntanza  contempla charlas informativas sobre a situación das familias monoparentais galegas e inclúe, entre outras propostas, a  realización dun obradoiro sobre primeiros auxilios e prevención de accidentes, ademais de actividades para os máis pequenos.

Na mañá do sábado o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, inaugurou a cuarta Xuntanza de Fagamos e aproveitou para lembrar que «máis de 6.000 familias monoparentais dispoñen xa do certificado oficial da Xunta para acceder a diferentes vantaxes e beneficios». Tamén se referiu ao feito de que esta tipoloxía de familias ten o recoñecemento de especial consideración en Galicia desde fai catorce anos. Unha circunstancia que lles garante unha serie de vantaxes en ámbitos como o ensino ou a conciliación.

Jacoboy Rey salientou o feito de que a Xunta blindou esta especial consideración e estas vantaxes no ano 2021; foi coa Lei de Impulso Demográfico e a mesma converteuse na primeira destas características aprobada en todo o Estado. Rey referiuse ao «compromiso da Xunta de Galicia para facilitar a conciliación a todas as familias galegas con medidas como a gratuidade das escolas infantís 0-3 ou o Bono Concilia Familia».