A artista Marisú Miranda busca voluntarios para pintar «Xente de Valdeorras»

La Voz O BARCO

O BARCO DE VALDEORRAS

Marisú Miranda en una foto de archivo en O Barco.
Marisú Miranda nunha foto de arquivo no Barco. LOLITA VÁZQUEZ

Ao longo dos próximos días estará a traballar en varios puntos do Barco

10 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A artista valdeorresa afincada nos Estados Unidos Marisu Miranda regresa a casa polo Nadal e faio para pór en marcha un novo proxecto. Xente de Valdeorras incluirá fotografar, entrevistar e debuxar a persoas da comarca. E para facelo Miranda busca voluntarios. Agarda hoxe de 18.00 a 20.00 horas na cafetería Veirasil. O venres, de cinco a seis estará en Miranda Moda. O sábado e o domingo a cita é no teatro Loureiro Olmo de 18.30 a 20.30 horas; e finalmente o luns 15, de once a unha, estará a pintar no terceiro piso do edificio multiusos.

Con todo o material recompilado dará forma a unha exposición que poderá verse no Barco a finais do 2026. Despois, os participantes poderán levarse o retrato orixinal a casa. O proxecto de Miranda conta co apoio do Concello do Barco e do centro comercial aberto.