Maside acolle unha charla sobre alimentación saudable

La Voz OURENSE / LA VOZ

MASIDE

Centro de salud de O Carballiño
Centro de saúde do Carballiño Cedida

A nutricionista Nuria Callejo ofrecerá consellos sobre menús equilibrados

30 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O servizo de Atención Primaria do Carballiño organiza unha serie de talleres na comarca dirixidos ao público en xeral para profundar sobre os hábitos alimentarios e os menús equilibrados. Este martes, a nutricionista do centro de saúde carballiñés, Nuria Callejo, ofrece unha charla ás 16.30 horas no antigo colexio da Alameda do concello de Maside . O venres a cita trasladarase a Boborás . Será ao mediodía no edificio sociocultural Manuel Chamoso Lamas.

A actividade enmárcase dentro da campaña do Sergas que leva por lema Obesidade cero en Galicia.