Outro incendio no Xurés queima case 25 hectáreas tras orixinarse en dous focos

La Voz OURENSE

LOBEIRA

BRIFLAZA

Durante a xornada de onte tamén se declararon lumes no Bolo e A Peroxa

01 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio Rural informou onte que os equipos de extinción lograran frear un incendio que se declarou a noite do sábado (concretamente ás 21.05 horas) no parque natural do Xurés. O lume comezou en dous puntos diferentes na parroquia de Parada, que pertence ao municipio de Lobeira, e quedou oficialmente extinguido ás 20.35 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, o incendio afectou a 24,5 hectáreas. A Xunta informou que nos traballos de extinción participaron un técnico, cinco axentes, 22 brigadas, dez motobombas, unha pa e un helicóptero.

Durante a xornada de onte producíronse polo menos outros dous incendios que obrigaron a actuar aos equipos de extinción, un deles no municipio da Peroxa e outro no do Bolo. Neste último foi necesaria a intervención da BRIF (Brigada de Reforzo de Incendios Forestais) con base en Laza.