Arde por completo unha casa en Celanova, sen feridos

La Voz

CELANOVA

Cedida

O morador que se atopaba na vivenda puido saír polos seus propios medios

29 novs 2021 . Actualizado ás 20:28 h.

Un incendio esnaquizou por completo unha vivenda nunha vila de Celanova, aínda que ninguén resultou ferido. O lume declarouse pouco antes das dúas e media da tarde deste luns na localidade de Feal de Ansemil. 

Un veciño chamou ao 112 avisando, pero dicindo que non sabía se había feridos. A central de urxencias púxose en contacto cos bombeiros da Terra de Celanova, que xa ían de camiño pois xa recibiran o aviso.

A casa estaba habitada, pero a única persoa que se atopaba nese momento nela puido saír da vivenda polos seus propios medios sen consecuencias físicas. 

O incendio propagouse rapidamente pois a parte superior da casa e o tellado estaban feitos de madeira e veu abaixo. Os bombeiros impediron que o lume chegase a outra casa lindeira.

cedidas

O 112 deu aviso á Garda Civil e a Protección Civil. Descoñécese por agora a orixe do lume.