Coloquio sobre o amor

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

CELANOVA

Agostiño Iglesias

A directora Xudit Casas participou nun debate no Pobo tras a proxección de Amar en liberdade

13 ago 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O amor, nas súas infinitas formas e versións, foi o protagonista absoluto este mércores do Pobo Café Cultural. O foi grazas á proxección do documental Amar en liberdade da celanovense Xudit Casas, no que aborda o poliamor e as relacións non monógamas. Temas como os celos, o tempo ou o sexo, entre moitos outros, teñen voz na primeira longametraxe documental da artista natural de Celanova. Nel participan a escritora Brigitte Vasallo, a doutora en Humanidades, Coral Herrera, ou o sexólogo, Miguel Vagalume, entre outros. Este traballo levou a Xudit a estar nomeada na categoría Homenaxe nos Premios Rebulir da Cultura Galega 2020.

Tras a proxección do documental, todos os presentes, ataviados con máscaras e respectando a distancia de seguridade, gozaron dun coloquio coa directora onde se profundou nas distintas posibilidades que ofrece o amor. Xudit falou sobre o proceso de gravación, as reviravoltas da produción e a parte máis emocional do proxecto, xerando un agradable debate co público.