Castrelo de Miño congrega a medio milleiro de padeeiros galegos no Campionato Galego de Inverno individual de piragüismo

La Voz

CASTRELO DE MIÑO

Competición de piragüismo en Castrelo de Miño.
Competición de piragüismo en Castrelo de Miño. Santi M. Amil

Será unha cita preparatoria do nacional que será en Sevilla en marzo

16 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O club náutico de Castrelo de Miño recibe esta fin de semana aos mellores padeeiros da comunidade nunha nova edición do Campionato Galego de Inverno individual de piragüismo. A cita autonómica servirá como preparación para a competición nacional que se celebrará en Sevilla: o Campionato de España fixado para o 9 e 10 de marzo.

En Castrelo de Miño competirán as categorías xuvenil e sénior, paracanoe con barcos K1 e C1. No encoro haberá 37 equipos que traerán a 434 deportistas. Fluvial de Lugo, Ría de Betanzos ou Kaiak Tudense son algunhas das formacións con máis integrantes. A primeira proba arrincará ás 10.25 horas e a última será ás 14.00. O percorrido será unha volta de 1.500 metros e dous de mil metros.