Empate sen goles dos albinegros ante o Coruxo e triunfo do CD Barco en Monforte

La Voz OURENSE/ LA VOZ

BANDE

ROI FERNÁNDEZ

O Arenteiro superou ao Bande pola mínima

16 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A xornada festiva aproveitárona moitos equipos da provincia para xogar partidos amigables cos que avanzar na súa preparación ou cumprir compromisos.

Ourense Club de Fútbol

Ata Baiona desprazouse o Ourense CF para disputar un triangular en Val Martín contra o Erizana e o Coruxo. O equipo vigués alzouse co torneo Villa de Baiona. O xogador chinés que está a proba en Oira, Le, anotou no último minuto o gol da vitoria albinegra ante o Erizana no primeiro partido. O segundo encontro que disputaron os de Fran Xusto, ante o Coruxo, saldouse con empate sen goles. Nos penaltis impúxose o equipo pontevedrés, que rematou a faena goleando ao Erizana por 6-0 e levándose o trofeo. Na xornada anterior, o Ourense CF superara ao Porriño por 1-2 no campo de Pardellas.

Espiñedo

A Espiñedo desprazouse o Bande para medirse ao Arenteiro. O equipo verde impúxose pola mínima (0-1), cun tanto de Carlos de Dios.

Centro de Deportes Barco

E ata Monforte viaxou o Centro de Deportes Barco, que superou ao Club Lemos por 1-4 con tantos marcados para o cadro barquense por Tabala, David Álvarez (2) e Juanito.

Outros

O Antela disputou en Celanova o trofeo Festas de San Roque que se adxudicou o equipo local (2-1). A UD Ourense mediuse ao Cartelle cun resultado de 3-2