Todo o que necesitas saber para vivir a Festa do Boi 2025 en Allariz

La Voz

ALLARIZ

Festa do Boi 2023 en Allariz. 09/06/2023
Festa do Boi 2023 en Allariz. 09/06/2023 Santi M. Amil

A cita histórica comeza este sábado coa primeira saída

13 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A histórica Festa do Boi de Allariz, unha das máis emblemáticas de Galicia, toma as rúas da vila do 14 ó 22 de xuño cun completo programa que mestura tradición medieval, teatro, música, pasarrúas e as populares saídas do Boi. Xa está todo preparado para a celebración desta Festa de Interese Turístico Galego.

Sábado, 14 de xuño

  • 14.30 horas: Comida popular en Paicordeiro, punto de encontro para veciñanza e visitantes.
  • 16.00 horas: Foliada tradicional co grupo Tanto Nos Ten en Paicordeiro.
  • 18.30 horas: Recreación do Trato do Boi en Roimelo e posterior baixada cos bois ata a Barreira.
  • 20.00 horas. Saúdo do Corrixidor de Honra e entrega do sedeño na Barreira.
  • 20.30 horas. Primeira saída do Boi dende a Casa do Boi.
  • 00.00 horas. Espectáculo musical de apertura a cargo da Festicultores Troupe na Praza Maior.

Domingo, 15 de xuño

  • 11.00 horas. Pasarrúas co grupo De Pé Feito.
  • 12.00 horas. Procesión medieval do Xan de Arzúa dende O Eiró.
  • 14.30 horas.  Xantar medieval na Barreira.
  • 16.30 horas. Concurso de trobadores e actuación dos gremios.
  • 21.00 horas. Saída do Boi.

 Luns, 16 de xuño

  • 08.00 horas. Saída do Boi.
  • 17.00 horas. Batucada Asociación Puzzle na Praza Maior.
  • 17.30 horas. Pistaboi, procura de Xan de Arzúa.
  • 19.30 horas. Saída infantil do Boi.
  • 21.00 horas. Saída do Boi.

 Martes, 17 de xuño

  • 08.00 horas. Saída do Boi.
  • 18.00 horas. Batucada Infantil da Casa da Mocidade, desde a Praza da Abastos.
  • 18.30 horas.  Merenda infantil na Alameda.
  • 19.30 horas. Saída infantil do Boi.
  • 21.00 horas. Saída do Boi.

Mércores, 18 de xuño

  • 08.00 horas. Saída do Boi.
  • 18.30 horas. Teatro de monicreques: «A historia do Xanciño de Arzúa», polo CEIP Padre Feijoo, na Praza de Abaixo.
  • 19.30 horas.  Saída infantil do Boi.
  • 20.30 horas. Música infantil co Trío de Tres na Praza Maior.

 Xoves, 19 de xuño

  • 20.30 horas Saída do Boi.
  • 21.30  horas. Cea veciñal na Barreira.
  • 00.00 horas. Verbena coa Orquestra Cinema.

 Venres, 20 de xuño

  • 12.00 horas. Treboada cos Zes Pereiras.
  • 13.30 horas. Saída do Boi.
  • 19.00 horas. Pasarrúas coa treboada dos Zes Pereiras e o grupo De Pé Feito.
  • 19.30 horas. Saída dos Gremios dende a Praza do Eiró ata o Campo dos Brancos, acompañados do grupo De Pé Feito.
  • 20.00 horas. Recreación da Bandeira, coa treboada dos Zes Pereiras e De Pé Feito. Procesión dos Pendóns ata a Praza Maior.
  • 20.30 horas. Xuntanza na Praza Maior: acomodo do Xan de Arzúa e colga da bandeira na Casa do Concello.
  • 21.00 horas. Saída do Boi.
  • 21.30 horas. Pasarrúas coa treboada dos Zes Pereiras, a charanga Brexit e o Folión dos Carros Gremiais.

 Sábado, 21 de xuño

  • 12.00 horas. Saída infantil do Boi.
  • 12.30 horas. Pasarrúas coa charanga Sugarri e a treboada dos Zes Pereiras.
  • 13.30 horas. Saída do Boi.
  • 19.00 horas. Pasarrúas con Sugarri e Zes Pereiras.
  • 19.45 horas. Encontro de charangas no Eiró.
  • 20.30 horas. Saída do Boi.
  • 21.00 horas. Novo pasarrúas polas rúas da vila.
  • 00.00 horas. Verbena coa Discomóbil Radikal na Barreira.
  • 00.30 horas. Ruada polo casco histórico coa charanga Achicoria.

 Domingo, 22 de xuño

  • 13.00 horas. Pasarrúas con Sugarri e Zes Pereiras.
  • 18.00 horas. Pasarrúas con Sugarri, Zes Pereiras e a Murga Achicoria.
  • 19.00 horas. Última gran saída dos Bois.
  • 20.30 horas. Despedida do Xan de Arzúa e traslado á Casa do Boi acompañado da Murga Achicoria.

O Concello de Allariz ofrece ós veciños e visitantes unha serie de consellos para poder vivir mellor e con seguridade a festa:

Avisos sonoros. O inicio da saída do Boi anunciarase mediante seis bombas. Unha soa bomba sinalará o fin da saída.

Prohibido tocar aos bois. O coidado e manexo dos animais está reservado exclusivamente ás persoas que portan o sedeño e a aguillada.

Seguridade. Aínda que o boi é un animal nobre, en determinadas situacións pode resultar perigoso. É fundamental permanecer atentos e actuar con precaución durante todo o percorrido.

Portais abertos. Os portais das casas en Allariz sempre foron un refuxio tradicional e vía de escape durante as saídas. Deben permanecer accesibles en todo momento, por se o animal decide entrar.

Menores. Non é recomendable pasear con crianzas durante as saídas do Boi. A súa seguridade é responsabilidade das familias.

Atención sanitaria. Durante as saídas, haberá un servizo de ambulancia dispoñible na Barreira, preparado para actuar ante calquera emerxencia.