Comeza o congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas dedicado á comarca do Ribeiro

La Voz

OURENSE

El presidente del Centro Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez,. el concejal Diego Fernández, junto a Miguel García y Alicia González, miembros del colectivo cultural.
El presidente del Centro Chamoso Lamas, Carlos Rodríguez,. el concejal Diego Fernández, junto a Miguel García y Alicia González, miembros del colectivo cultural. CONCELLO

Paisaxe, historia e a cultura do viño protagonizarán os relatorios

02 oct 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres, Sábado e Domingo • Mañá e tarde • Bus gratuito desde O Carballiño • O Centro de Estudos Chamoso Lamas celebra esta fin de semana o seu decimocuarto congreso, unha iniciativa cultural de carácter bianual. «O Ribeiro: a cultura do viño, patrimonio, territorio e xentes» é o título das xornadas que comezan este venres, ás 16.00 horas, na Casa da Bexanca de Cabanelas (O Carballiño). Na xornada inaugural os protagonistas son Pablo Rodríguez, Oitabén, e a súa filla Paula, xestores do Bosque Ridimoas, quen falarán sobre «A responsabilidade de plantar unha árbore». Estréase a nova parte dun documental de Carlos Montes, «Cinco Romanzas para Eva», realizada con intelixencia artificial. Logo haberá un faladoiro sobre o uso de esta tecnoloxía no audiovisual histórico. Na primeira tarde haberá relatorios sobre os museos, as festas medievais e o conxunto arqueolóxico de Pena Corneira. A xornada do sábado arrancará cunha visita ao Museo Etnolóxico de Ribadavia. Os congresistas recorrerán Castro de San Vicente, en Avión, e trasladaranse a Amiudal, nese mesmo concello, para visitar a aldea natal de Alfonso Graña, O rei dos xíbaros. O programa matinal tamén inclúe un percorrido pola Pena Corneira. A tarde dedicarase a variados relatorios, sobre o cambio climático no Ribeiro, ou á vinculación de Emilia Pardo Bazán coa comarca, entre moitos outros temas. O domingo haberá debates e conferencia sobre a cultura do viño.