O Cented visitará ao Velle e o Antela ao Pavillón na Copa Deputación
02 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.Despois da primeira criba estival, a Copa Deputación de Ourense acadará os seus dezaseisavos de final na apertura do próximo 2026, en concreto o 4 de xaneiro. A delegación provincial da Real Federación Galega de Fútbol celebrou onte o sorteo desa rolda eliminatoria e o resultado emparellou entre si a dous dos catro integrantes da Preferente Futgal, o que deixará no camiño a un dos favoritos. O recentemente ascendido Sporting Celanova será o que reciba ao Atlético Arnoia nun atractivo duelo para estrear o ano.
Do resto de pugnas a partido único, tamén destaca a visita do Antela FC, outro dos retornados ao ámbito autonómico, ao Pavillón CF, un Segundo Futgal que non deixa de ser unha entidade con calado a nivel provincial e sempre competitiva no torneo eliminatorio. Do mesmo xeito, o Preferente Cented Academy visitará a un Primeira con gran soleira no a competición, como o CD Velle.
Tampouco se pode obviar o camiño doutro club laureado na Copa, como o descendido Verín, que aínda debe levar a cabo o seu cruzamento anterior coa viaxe a Vilar de Barrio. Se o superan, os do Arjiz volverán medirse a outro Terceira, o CD A Bola.
O resto dos duelos previstos móstranos: Atlético Vilariño - vencedor Francelos - Melias, O Irixo - Cortegada, Cenlle - Monterrei, Sporting Carballiño - Polígono, Seixalbo - Córgomo Vilamartín, Sporting Vilamarín - A Purísima, Viana - Moreiras, Cea - A Rúa, Atlético Trelle - Caldelao Inter Ribeira Sacra, Cartelle - A Peroxa, Rante San Cibrao - Soutopenedo e Barco B - Maceda. Os desempates resolveranse directamente con lanzamentos de penaltis.