Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.
La Voz de Galicia
Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Unións Agrarias solicita a vacina gratuíta contra a lingua azul en ovinos

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Reclamou a Medio Rural que inicie as doses fronte aos serotipos 3 e 8 do virus

07 ago 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Unións Agrarias solicitou por escrito á Consellería do Medio Rural que inicie de forma inmediata en Ourense a vacinación gratuíta do gando ovino fronte aos serotipos 3 e 8 do virus da lingua azul, especialmente agresivos para as ovellas, como se viu o pasado ano en Estremadura. Ademais, pide axudas directas para as explotacións afectadas, seguindo o exemplo de comunidades como Andalucía e Estremadura. UU.AA. lembra que estas granxas, clave na prevención de incendios e no mantemento da contorna rural, son moi vulnerables a este tipo de crise: «Tradicionalmente teñen un volume de ingresos moi pequeno».