Pazo do Castro acolle unha cea maridada con viño do D.Ou. Valdeorras e música o día 12
OURENSE
A iniciativa está organizada pola Ruta do Viño
03 jul 2025 . Actualizado á 05:00 h.Sábado 12 • 22.00 horas • Pazo do Castro • 38 euros • As ceas maridadas con viños do D.Ou. Valdeorras e amenizadas por música en directo que organiza a Ruta do Viño chegan o día 12 ao Pazo do Castro. Será no xardín do monumento histórico no que levará a cabo a cea. Será en formato cóctel, con distintos postos para que os comensais poidan moverse libremente e probar as diferentes elaboracións: empanadas, lousas de embutidos, mini hamburguesas, bocadillos e sobremesas. Todo acompañado polos viños de Adegas Roandi e Virxe do Galir.
A actuacións musicais levan a cabo en colaboración con Amava, a asociación de música alternativa de Valdeorras. Mario Coleman & The Clocks Band ofrecerán un concerto cun repertorio cheo de versións e clásicos do rock e pop.