
Ribeiro Son de Viño celebrarase o 12 de xullo
25 jun 2025 . Actualizado á 19:40 h.O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro organizou unha completa xornada para celebrar a edición número 12 do festival enomusical Ribeiro Son de Viño. O evento, que inclúe concertos de renombrados artistas do horizonte musical combinados con degustacións de viño, celebrarase o sábado 12 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar, O Grove, Pontevedra, cunha intensa cita en horario de 12.00 a 22.00 horas.

Esta edición contará coa presenza en directo dO Cuarto Vermello, Luna Sujatovich, Delafé e as flores azuis e a banda viguesa Tangomango. DJ Toni B. Willish será o encargado de pór música entre as actuacións. A Vilerma, Alanís, Marieta, Villanueva e Viña Costeira son as adegas do Ribeiro que ofrecerán os seus viños no festival, que ten unha cabida de 400 persoas.
Día 12 de xullo • 17 euros • Na web do náutico •