
A cita é no mosteiro dAs Ermidas o 17 de xullo
12 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.Día 17 de xullo • 20.00 horas • O Bolo • Entradas: ataquilla.com • Carlos Núñez presentará nAs Ermidas, concello do Bolo, a súa xira «Lugares Máxicos 2025» da man dos Concertos do Xacobeo. Actuará no atrio do mosteiro. O seu virtuosismo, carisma, enerxía e espírito pioneiro fixeron a Carlos Núñez un músico moi popular, transcendendo os límites habituais dos seus instrumentos: a gaita e as frautas.
No marco de Concertos do Xacobeo, o artista ofrece un novo e singular directo, nun marco inigualable que arroupará como ningún outro a súa música. Carlos Núñez está considerado como un dos mellores gaiteiros do mundo. Con 13 anos foi descuberto por The Chieftains, no Auditorio de Castrelos, e comezou a súa carreira na música.