Rubén Domínguez: «Hai que destacar a humildade e xenerosidade de este grupo»

LA VOZ OURENSE

OURENSE

El Ourense CF asciende y desborda la euforia en Oira.El 2-0 ante el Oviedo Vetusta convierte a los azulones en equipo de Primera Federación
O 2-0 ante o Oviedo Vetusta converte aos azulones en equipo de Primeira Federación MIGUEL VILLAR

O adestrador do Ourense CF destacou o valor do éxito logrado este ano

29 abr 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Rubén Domínguez era un dos homes máis felices da contorna do Ourense CF, pero tamén o paladeó con tranquilidade vendo gozar aos seus xogadores, compañeiros do corpo técnico e a outros integrantes do club, incluída a afección que os vitoreaba desde as bancadas e arredores do campo.

Fronte aos micrófonos da Radio Galega, o adestrador ourensán recoñeceu que xa tiña ganas de culminar o obxectivo: «Sentimos alivio, porque despois de gañar en Pasarón a semana fíxose eterna, porque agora sí que a presión era para nós».

Sobre o partido, destacou que os seus xogadores fixeron moi ben o traballo e asimilou o choque a un resumo da tempada: «Eu creo que hai que destacar a humildade e a xenerosidade deste grupo. Hai xente como Gabri Palmás e Nacho Fariña que foron titulares indiscutibles con nós durante dous anos e esta vez asumiron outro rol. Non é fácil e aínda así traballaron como bestas, como Portela e Manu con case corenta anos ou os rapaces Bruno, Penela e Sergio, todo o ano petando á porta».

Confía en volver no próximo curso, para dirixir ao equipo na súa quinta categoría consecutiva. É consciente tamén que son moitos os xogadores que chamaron a atención doutros clubs, como sucedeu con Amin no mercado invernal: «Nos catro anos anteriores sempre nos levaban aos mellores, a final de temporada ou no inverno. O ano pasado foi Alberto Gil. É normal, somos un club humilde e para fichar este tipo de xogadores temos que poñer a veces cláusulas moi baixiñas para que poidan saír, porque a forza é o grupo». A partir de agora, son un club de Primeira Federación, uníndose ao Arenteiro no teito do balompé provincial.