A valedora do pobo ofrece este domingo o pregón da Semana Santa do Carballiño

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

La valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño
A valedora do pobo, Dolores Fernández Galiño Marcos Míguez

María Dolores Fernández lembrará as súas vivencias na vila durante estas datas

17 mares 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A xuíza carballiñesa e valedora do pobo, María Dolores Fernández, é a encargada de pronunciar o pregón da Semana Santa en O Carballiño, nun acto que comezará este mediodía no templo da Veracruz, antes da misa. O acto marca o inicio dun intenso programa relixioso e cultural realizado pola confraría da Vera Cruz. Fernández Galiño referirase na súa intervención ás súas vivencias durante esta celebración na vila. Ás 18.30 horas, a Banda de Música Nosa Señora da Misericordia de Viveiro ofrecerá un concerto cunha selección de

oito pezas creadas por diversos autores para Semana Santa. Sons confrades é o título do certame con creacións musicais de autores como Sergio Larrinaga, Daniel López, Juan Ignacio Busca ou Manuel Jesús Guerrero .

As actividades proseguirán os días 18 e 20 con dúas conferencias relacionadas coa Semana Santa. O 28 celebrarase a segunda ruta urbana Historia, arte e arquitectura relixiosa no Carballiño , guiada polos historiadores Juan Manuel Rodríguez e Xosé Luis Sobrado, que incorporan por vez primeira a igrexa parroquial de Señorín. Rematará na Veracruz.