Un concurso de fotografía complementa Galiciencia, a feira da Tecnópole

La Voz OURENSE

OURENSE

imagen de una edición anterior de Galiciencia
imaxe dunha edición anterior de Galiciencia cedida

Poden participar tanto estudantes como profesores de toda España

27 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

Galiciencia, a feira científica de Galicia que se celebra no Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas, ten aberto o prazo de presentación de orixinais para o concurso de fotografía a través de Instagram. O certame é complementario á feira científica que se celebra en maio e, por tanto, a temática das instantánea debe seguir o lema elixido para esta edición: «Mellor, de madeira». O concurso está aberto tanto a alumnos como a profesores dos niveis de ESO, bacharelato e FP de toda España. Segundo as bases, as fotografías poden ser tanto en branco e negro como en cor, e fíxase un límite de tres por participante. Teñen que estar presentadas antes do 15de abril e a resolución do xurado farase pública o 12 de maio, coincidindo coa entrega dos premios Galiciencia 2024.