O Grupo Cuevas presentará a súa experiencia no mercado exterior
21 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.Trinta empresas innovadoras galegas presentan hoxe no Parque Tecnolóxico de Galicia os resultados do seu paso pola acelerador de internacionalización Galicia Avanza, impulsado pola Xunta e a Tecnópole. O evento contará coa presenza das firmas galegas de éxito, Grupo Cuevas e Marine Instruments, que achegarán a súa experiencia no exterior.
O director xerente da Tecnópole, Javier Taibo, presentará os resultados desta segunda convocatoria e informará sobre as particularidades da terceira, que xa se pon en marcha e na que poderán participar outras trinta empresas