Barbadás creará unha xunta local de Protección Civil que elaborará un plan de emerxencias municipal

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Pleno de Barbadás
Pleno de Barbadás Cedida

O pleno deuse o visto e prace á adhesión á campaña de reciclaxe que promove a compostaxe a través das plantas de Sogama

05 dic 2023 . Actualizado á 05:00 h.

O pleno de Barbadás aprobou este luns a creación da Xunta Local de Protección Civil que, entre outras funcións, proporá a elaboración dun plan de emerxencias municipal, a supervisión de simulacros ou a promoción de campañas de información cidadá. Deuse o visto e prace á adhesión á campaña de reciclaxe que promove a compostaxe a través das plantas de Sogama. Os residuos trataranse na empresa pública, a través da planta de transferencia de San Cibrao, para o que será preciso asinar un convenio de cinco anos de duración.

Saíu adiante a proposta do PP na que demandaba responsabilidade para executar as obras do plan de cooperación da Deputación e a reclamación do BNG para que haxa máis contido infantil e xuvenil nas televisións públicas.