
Trece concellos ourensáns benefícianse destas axudas
28 nov 2023 . Actualizado á 05:00 h.O presidente da Deputación, Luis Menor, e o conselleiro de Medio Rural, José González, entregaron tractores e apeiros para a prevención de incendios forestais a representantes dos concellos de Baños de Molgas, O Bolo, Castro Caldelas, Entrimo, Gomesende, Manzaneda, Melón, A Merca, Nogueira de Ramuín, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Taboadela e Vilar de Barrio.