O BNG reclama un local para a doazón de sangue na área sanitaria de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Iago Tabarés (BNG)
Iago Tabarés (BNG)

O grupo nacionalista defenderá na Deputación unha iniciativa para pedir melloras na sanidade pública

21 dic 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Iago Tabarés, deputado do BNG, reclamará no Parlamento que a Xunta de Galicia habilite un local para a doazón de sangue en Ourense. Segundo di, a actual crise de reservas sanguíneas que sofre toda a comunidade se ve agravada na área sanitaria ourensá debido á carencia dun espazo adecuado para a execución de todos os sistemas de extracción. Actualmente, explica, só poden realizarse doazóns nas unidades móbiles.

Por outra banda, o BNG defenderá unha moción no próximo pleno da Deputación ourensá para reclamar melloras na sanidade pública. O portavoz nacionalista na institución provincial, Bernardo Varela, pide apoio para destinar máis recursos á atención primaria, para rematar coas listas de espera e co colapso das urxencias. Segundo di, está a producirse un «drenaxe de pacientes á privada para quen poida pagala».