Jorge De Dios disertou sobre o xogo colectivo

LA VOZ OURENSE

OURENSE

Jorge De Dios
Jorge De Dios Miguel Villar

O adestrador da VDE Ourense abriu a tempada de charlas de Afiador

29 nov 2022 . Actualizado á 05:00 h.

A Asociación de Adestradores de Fútbol Afiador deu comezo ao seu programa de charlas no estadio do Couto, onde o primeiro invitado do curso foi o mozo técnico Jorge De Dios, responsable do primeiro persoal da VDE Ourense.

O relatorio do puxante técnico, forxado nas categorías inferiores, antes de encargarse do cadro rojillo versou sobre a máxima Xoga como se adestra? e foi titulada Dos comportamentos individuais ao xogo colectivo. Jorge captou a atención de adestradores de distintas xeracións que asistiron en bo número ao local da asociación.