O TSXG dá a razón ao Concello e desestima que a xefa de Protección Civil fose traballadora indefinida fixa

La Voz

OURENSE

PABLO ARAUJO

A convocatoria para cubrir a praza especificaba que era un posto interino

18 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Sala do Social do TSXG acordou estimar o recurso de suplicación interposto polo Concello de Laza contra a reclamación dunha traballadora do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) que gañara no xulgado de primeira instancia o recoñecemento da súa condición de fixa. O Concello alegou que os contratos que tivo a xefa de Protección Civil foron de duración determinada. O Alto Tribunal sostén que na primeira sentenza a relación laboral estaba ben definida como indefinida non fixa, que tamén se refería a que a empregada superou unha proba de selección convocada para cubrir unhas prazas interinas. Este é o punto clave, para o TSXG, á hora de desestimar o recurso da traballadora, xa que resolve que o proceso selectivo neste caso foi convocado para unha contratación temporal e que a relación laboral era indefinida non fixa.