Viaxe ao universo de Novariz

La Voz

OURENSE

xmr

O instituto de Celanova convértese en escenario de gravación para «A desorde que deixas»

02 novs 2019 . Actualizado ás 11:57 h.

Novariz é o espazo literario creado por Carlos Montero na súa premiada novela «A desorde que deixas». E á hora de rodar a serie para Netflix sobre o seu texto, o celanovense apostou por converter o instituto do mosteiro no IES Novariz. O proxecto promovido por Vaca Films iniciou a súa rodaxe hai unhas semanas na Coruña e o mércores graváronse escenas na capital do Ribeiro. O celanovés Carlos Montero, responsable do proxecto da nova serie, é guionista e escritor.