Sei dun que ten menos futuro que un xogador da canteira do Madrid. Don Pachi non é, que é de Garabás e a vaca aínda non está marcada. Aínda hai feira! Fáltalles unha idea. En canto a teñan, sáense. Esgotóuselles e agostou o da socialburocracia e tiveron que facerlle o traballo sucio ao PP. No primeiro millón de anos, os humanos tivemos tres ocorrencias: A roda para aliviar o traballo; a imprenta para acceder á cultura; e o fútbol para divertimento. O sexo, como diría o meu amigo Tabarés, traïámolo inventado. Teño a cuarta idea para esta xente que quedou sen argumentos. Non é nova, pero si a súa aplicación: Traballar. Están mal acostumados e teñen as articulacións enfurruxadas. Que o boten 3 en 1 e que empecen. Xa está ben de vivir en do Consello Consultivo Asesor ou do Observatorio Económico Provincial. Chegou a hora de porse a andar para sacar a esta provincia do vagón de cola dun tren a vapor. Os tempos son outros e non hai diñeiro para cousas inútiles e peregrinas. Tócanos aos ourensáns e as nosas necesidades reais. Ou aténdennos ou farémoslles o mesmo que aquel futbolista dos 50, Rebeca: «Amentarémoslles á súa nai e lles cuspiremos a camiseta».