A tila denomínase botánicamente Tilia Platyphyllo. O tilo é unha árbore de 25 a 30 metros de altura cuxa cortiza é lisa, de cor marrón agrisada, gretada lixeiramente ao longo do tronco. As flores están agrupadas, son esféricas e de cor amarela verdosa. Os froitos son ovais ou esféricos lisos e de cor marrón escura. A floración prodúcese en xuño.
A fitoterapia emprega as flores coa súa bráctea cando se acaban de abrir para elaborar infusións, por exemplo. Na súa composición nutricional destaca a presenza de glucósidos, carotenos e vitamina C. Entre os seus principios activos atópanse flavonoides, aceite esencial, mucílagos, taninos e ácidos orgánicos.
A forma de presentación máis frecuente é a infusión, pero tamén se pode atopar en cápsulas ou aceite. As súas flores producen un néctar moi saudable e en gran cantidade, a partir do cal se elabora un mel moi valorado. Tamén se emprega como complemento na elaboración de perfumes e produtos cosméticos, como xeles e xabóns.
Entre as principais propiedades da tila destaca que, a nivel dixestivo, actúa como emoliente, lixeiramente adstrinxente e estomáquica. Mellora as dixestións, polo que resulta útil en indixestión, hiperclorhidria e dispepsia, por exemplo. Tamén pode ser adecuada para reducir a diarrea.
Considérase diurética (polo que axuda a depurar o organismo e eliminar compostos tóxicos acumulados) e hipotensora. Pode empregarse para mellorar os arrefriados pola súa capacidade antiinflamatoria e descongestionante, que reducen a dor de garganta e a mucosidade.
Atribúeselle capacidade sedante e relaxante, o que mellora situacións de insomnio e estrés. Presenta actividade calmante da pel sensible ou seca cando se aplica por vía tópica.
Algúns especialistas sinalan que debe consumirse con moderación, xa que pode causar náuseas. Quen presenta obstrución das vías biliares non deberían tomala. Pode interactuar con algúns medicamentos, especialmente anticoagulantes. Ademais, as persoas alérxicas ao tilo non deberían consumila, para evitar reaccións indesexables. Consulte ao médico.