De vítimas a verdugos

Carta á director CARTA AO DIRECTOR

OPINIÓN

Nathan Howard | REUTERS

21 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A historia do pobo israelita é unha oda á supervivencia dende os seus primeiros pasos. E nos tempos actuais aínda está ben recente a tremenda traxedia do Holocausto. Pero o Israel actual está trocando esa historia de vítimas en verdugos. Está convertendo Gaza nun horrible episodio. Gaza está a ser un horror inimaxinable. Netanyahu non só non quere que exista Hamás, tamén quere exterminar a todo pobo palestino. Non importa se os que morren son terroristas ou nenos. Pero Netanyahu non é o único responsable do xenocidio. Tamén é cómplice a poboación israelí que o elixiu como o seu dirixente. M. Romasanta Touza