O artigo 1 da Constitución establece que España se constitúe como un Estado social e democrático de Dereito: un sistema no que todas as persoas, institucións e entidades, tanto públicas como privadas, están sometidas e renden contas ante leis que son publicamente promulgadas, aplicadas por igual e de xeito independente; o que implica que o poder do Goberno está limitado pola lei, e que ninguén, nin sequera o Executivo, está por amais dela. Vén a conto polo procesamiento por parte do Tribunal Supremo do fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, por filtrar datos confidenciais do noivo da presidenta de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Iso quita a razón a aqueles que din que no noso país hai persoas que están por amais da lei, debido a que algúns membros do poder xudicial miran para outro lado. García Ortiz é o primeiro fiscal xeral en sentar no banco dos acusados en España, pero con total seguridade debido a que os anteriores nada fixeron para estalo. Dura lex sede lex (a lei é dura, pero é a lei).