O triplo asasinato de Valga deixounos coa rabia e a denuncia no corpo. Estes crimes, que veñen engrosar a lista sanguenta dun final de verán moi tráxico, son representativos do terrorismo machista, cuxo epicentro é o exercicio da violencia estrutural que está como tal sendo cuestionada con forza por certos sectores da sociedade. Non comprender o carácter instrumental da violencia -descoñecer que esta se exerce co obxectivo de manter as relacións de poder en función do xénero- fan que esta perviva e recruese/recrúese. Estes homes asasinan porque se senten co dereito de facelo. O asasinato dentro do ámbito das relacións amorosas é só a punta do iceberg dunha violencia exercida contra as mulleres a diario en todos os espazos. Todas as formas de exercela entrecrúzanse para xerar unha rede cuxo efecto final é entorpecer e incluso impedir o acceso das mulleres ao uso pleno das súas liberdades e dereitos.
Que a violencia exercida contra as mulleres excede o ámbito doméstico é un feito tamén recoñecido no Convenio de Istambul, que criminaliza delitos talles como a práctica da mutilación xenital feminina, o matrimonio forzoso, o acoso, o aborto forzado e a esterilización forzada.
A violencia mantense entre outras razóns porque é negada, porque hai un esforzo importante por intentar invisibilizarla e que apareza como un feito fortuíto, excepcional, cando en realidade é só o emerxente de algo moi xeral e común. O exemplo máis claro desta estratexia é o retorno da vella denominación de «violencia doméstica», que elimina a especificidade da violencia exercida contra a muller polo só feito de selo. Non hai mellor lugar que unha praia para ocultar area.
Unha das principais críticas que van gañando adeptos e adeptas, contra as leis que protexen as mulleres da violencia machista son aquelas que argumentan a suposta discriminación dos homes. Sabemos que o principio de igualdade, que é esencial para os dereitos humanos, non significa máis que un slogan baleiro ou, peor aínda, cargado de prexuízos se non se comprende que realidades diferenciais requiren tratamentos diferenciais e en consecuencia considerar de modo igual a persoas afectas por realidades diferentes non promove igualdade, senón discriminación encuberta.
Mujeres e homes non estamos en posicións de igualdade. Soster pois que debemos ser tratados de modo igual dá sustento á perpetuación da discriminación e ao exercicio da violencia que se usa para perpetuala.
A pesar do esforzo en sensibilización e formación en materia de xénero ao longo do tempo e aos avances conseguidos polo movemento feminista, aínda as mulleres continuamos respondendo o mandato do «amor», ao dalo todo sen pedir nada a cambio e a unha serie de slogans relacionados co amor romántico, que operan desde o noso imaxinario colectivo e persoal. E os homes continúan sentíndose donos dos nosos corpos, as nosas vidas e os nosos destinos. Mentres todo isto continúe sendo así, a violencia non acabará, continuará en aumento e a sociedade enteira continuará lamentándose ante cada morte pero sen tomar conciencia da responsabilidade que todos e cada un temos nela.