23 ene 2015 . Actualizado á 05:00 h.
Nos anos primeiros da automoción as accións de vixilancia realizábanse nos propios viais, baixo a presenza física dos axentes en rúas e estradas, ata que técnicas e tecnoloxías comezaron a difuminar esa presenza, para xestionar a seguridade mediante instrumentos como os radares, en vías interurbanas, ou os vehículos que captan imaxes en centros urbanos. Todo máis doado, máis expeditivo e rendible. Era necesario furgar, manipular e prostituír o procedemento sancionador e fíxose. Nin os radares nin os captadores de imaxes ofertan medios de defensa para o denunciado, sen outra alternativa que a de entrar no mercadeo da rebaixas de multas por pronto pago. A sanción non ten xa sentido de exemplaridade, é unha suma de euros.