Foi en Rois onde unha colisión entre dous vehículos lixeiros causou a morte de catro persoas. Para tal calibre de desastre é necesaria unha gran violencia física, consecuente coa velocidade de ningún dos automóbiles, unida á indebida ocupación do espazo cuxo uso recto correspondía a un deles. Lembramos que «o progreso da técnica e o desenvolvemento da civilización [?] esixen un desenvolvemento proporcional da moral e da ética» (Xoán Paulo II).
E é por aquí por onde poderían acharse as claves capaces de explicar episodios como este, á vez que permiten advertir como as grandes miserias dun tráfico letal derivan dalgunha causa quizais afastada no desenvolvemento das condutas, pero eficiente á hora de xerar dano. E tantas veces repítese a historia: erros aparentemente mínimos, que se dan en todo tempo e lugar levan en ocasións -como agora- a resultados desproporcionados e extremos.