
O técnico, tras a vitoria na Malata, indicou que Tejera, Gelardo e Jairo coordináronse moi ben no medio
18 oct 2025 . Actualizado á 19:07 h.O técnico do Racing Club Ferrol Pablo López valorou o grande arranque do partido aínda que indicou: «Noutros partidos saímos igual de enchufados, aínda que neste encontro tivemos acerto. Empezamos moi ben, o que requiría o choque. Chegaron vos tres goles e cando empezas así xa podes manexar o encontro». Tamén explicou a segunda parte: «Os goles déronnos confianza, aínda que cando tes un 3-0 ás veces eras máis impreciso, queres ir a polo cuarto e precipítaste. Empézase a pensar a ver se meto eu ou son eu en que dá a asistencias... Non estou contento con este tramo de partido». Insistiu en que «a ambición dos xogadores e o carácter gañador está fóra de toda dúbida».
Do once indicou: «Acertamos porque o resultado está aí, aínda que se xogasen outros xogadores, seguro que tamén gañariamos». Sobre o medio campo engadiu: «Sergio, Gelardo e Jairo coordináronse moi ben. Pareceunos unha boa idea xuntalos por dentro e saíu ben», indicou. Engadiu que neste equipo todo o mundo «pode ser titular», subliñou.