
O choque disputarase ás 14.00 horas do sábado na Malata
14 oct 2025 . Actualizado á 20:06 h.O Racing Club Ferrol xa iniciou a venda de localidades para o partido fronte ao Arenas Club de Getxo, que se disputará o sábado na Malata ás 14.00 horas. As persoas non abonadas á escuadra verde que queiran acudir ao partido poden adquirir os seus billetes de xeito presencial na oficinas da Malata. Durante este mércores e o xoves o horario é de 10.00 a 16.30 horas e o venres de 10.00 a 13.30 horas. O propio día do partido os despachos de billetes situados na bancada de Preferencia estarán abertas desde as 13.00 horas do mediodía.
? ???????? | ?????? ???? ?????? - ?????? ????
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) October 14, 2025
A partir dás 14.00 horas, poñemos á venda as entradas para ou partido de liga do sábado na Malata!
? @areas_club1909
? Sábado, 14.00 h
? A Malata
?? Venda presencial nas oficinas da Malata… pic.twitter.com/xvqr7jdwjy
Ademais, como vén sendo habitual, as entradas poden adquirirse tamén de xeito telemático a través da web www.racingclubferrol.compralaentrada.com/eventos/.
O prezo é de 25 euros en Tribuna, de 20 en Preferencia e de 15 en Fondo Norte e sector visitante. O club lembra a este respecto que a afección desprazada estará situada nos sectores 10 e o 11 do Fondo Norte.