
Fran Manzanara estivo incansable no traballo defensivo do equipo ferrolán
13 abr 2025 . Actualizado á 00:18 h.O MELLOR
Fran Manzanara | 5
O manchego mellorou o balance defensivo dos racinguistas a pesar de os tres goles recibidos. Traballou arreo.
UN A UN
Jesús Ruiz | 4
O porteiro racinguista meteu boas mans, aínda que non puido evitar encaixar os tres goles.
Aitor Buñuel | 3
Custoulle moito pechar as entradas se Sebas Moyano, que fixo varios centros entrando pola súa banda.
Puric | 4
Traballou para frear a Alemao, aínda que lle faltou contundencia.
Naldo | 4
Axudou con Alemäo. Serio en defensa e contundente á hora de afastar o balón da área.
Brais Martínez | 5
Atento ás caídas de Cazorla pola súa banda e as internadas de Seoane. Ben en defensa e tratou de axudar en ataque.
Señé | 3
Botou unha man para frear a Cazorla. Achegou pouco no traballo no medio campo e tampouco se sumou ao ataque.
Álvaro Sanz | 5
Traballou de media punta e botou unha man en defensa. Deu un pase de gol a Jauregi.
Dorrío | 5
Intentouno pola súa banda, aínda que con pouco acerto nos centros.
Héber Pena | 3
Participou pouco no xogo, nunca desbordou pola súa banda nin tampouco centrou.
Álvaro Giménez | 3
Traballou arriba, aínda que non atopou balóns para pór en apertos aos centrais do Oviedo.
Nacho Sánchez | 3
Entrou por Héber, púxolle ganas, aínda que demostrou moi pouco.
Jauregi | 4
Tivo unha grande ocasión de gol, aínda que a enviou ao pau. A xogada foi anulada por fóra de xogo.
Chiki Borrego | 3
Entrou nos últimos minutos e achegou moi pouco en ataque
Naim | 3
Tratou de achegar nos minutos nos que estivo no campo
Insúa | 3
Entrou para botar unha man en defensa ante os problemas físicos de Brais Martínez