O Racing e un soño por vivir

Jose Valencia FERROL / LA VOZ

OPA RACING

RACING CLUB FERROL

Os ferroláns seguen situados na parte alta da clasificación, están moi preto de amarrar a permanencia e non renuncian a nada

22 ene 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

O que se queira baixar do barco, que se baixe, dixo Cristóbal Parralo na rolda de prensa tras o partido contra o Oviedo, visiblemente sorprendido porque se empezo a falar de fochanca, crise... cando os ferroláns, con 23 xornadas de liga disputadas, seguen competindo na parte alta da clasificación cos buques insignia da categoría, moitos clubs que lle dobran, triplican ou multiplican por catro o seu orzamento. Estaba claro que o arranque de liga, tras o parón polo Nadal, ía ser complicado xa que chegaban grandes rivais. Perdeuse en Cópaa fronte ao Sevilla, pero con dez xogadores no campo; xogouse a un gran nivel contra o Espanyol e perdeuse fronte ao Real Oviedo, nun partido no que o equipo non mostrou a súa mellor cara. Ademais, estaba claro que unha derrota na Malata podía chegar, que non ía ser algo eterno.

E agora chega o Sporting no Molinón, outro encontro complicado, no que o Racing pode perder, xa que os asturianos contan cun persoal dunha enorme calidade. Sabíase que a costa de xaneiro ía ser complicada, que en equipo non o podía gañar todo, nin brillar todo o tempo. O equipo hase gañado crédito dabondo para confiar nel. Non hai porque dubidar de que a partir de agora non seguirá competindo como ata agora.

O do Racing é un proxecto de éxito, non só a nivel local, en xeral, a nivel nacional, todo foron halagos polo ben que está facendo as cousas o equipo, a pesar de todas as adversidades en forma de lesión e en que segue sen haber sorte coas arbitraxes, veña o que veña. O Racing parece gafado. A xustiza non é esa balanza que todo o equilibra no transcurso dunha tempada, o de danche e quítanche. Aos verdes case sempre lles toca a decisión en contra.

Luis Carrión valorou a importancia do triunfo do seu equipo, que o situaba a catro puntos dun equipo como o Racing que o estaba facendo realmente ben, cualificaba como unha auténtica lombeirada, un balón de confianza, o ter vencido a un equipo como en Racing e no seu fortín.

O Racing merécese deixalo traballa tranquilo, sen meterlle presión e apoiándoo coa mesma intensidade que ata agora. O xogadores, o equipo técnico, o club, os seus dirixentes, os donos están facendo as cousas ben. Seguro que moitos clubs da categoría cambiaríanse agora mesmo polo lugar no que se atopa o Racing. As cousas non son doados para ninguén, todo os equipos perden partidos.

Marchouse Carlos Vicente, o equipo bota de menos o seu empurre. Era un gran xogador, por iso agora é titular na Primeira División. Con todo, para o Racing a vida segue, toca buscar solucións. Nacho Sánchez, que vivira á sombre dun xogador ta poderoso como Carlos Vicente, ao que sabía que non podía sentar, parece agora máis alegre, xogou a un gran nivel fronte ao Real Oviedo, é rápido e centra ben e ten un canón no pé, aínda que no Racing aínda non o sacou a relucir. A ver que dá de si Nico Serrano, é un rapaz de 20 anos, ao que non se lle pode presionar. Non se lle pode comparar con Carlos Vicente, é Nico Serrano e hai que agardar a ver o que mostra.

O Racing é un soño por vivir, O primeiro é a permanencia e a partir de aí a voar. Os xogadores non renuncian a nada e pódese pelexar por subir a Primeira. Dirao a competición. Porqué non soñar.